Cialis onlinexanax onlineadderall onlineLevitraCialis

Archivo de la categoria 'Libros leídos'

Abr 05 2008

Acabouse “O neno co pixama de raias”

Publicado por Isabel en General, Libros leídos

Non sei se vós estades de acordo, pero a min sempre me pasa o mesmo. Cando remato a lectura dun libro que me agrada, quédame un pouco de pena. Algo así coma cando se acaba un pastel moi sabroso e despois queda un ollando para o prato baleiro. Non sei se me explico.

En verdade, que esta obra foi do meu agrado, a pesares de que estou un pouco enfadada co tradutor ou co corrector, ou cos dous á vez, porque fallaron un pouco na sintaxe. Polo demais gostei moito da maneira en que o autor suavizou a crudeza da historia con pequenas pinceladas de humor. Cristina dixo que a obra lle recordara a película de La vida es bella e eu estou totalmente de acordo; o ton narrativo é semellante: ámbalas dúas son historias que nos fan sentir toda a dor que provocou o nazismo sen necesidade de recrearse nas escenas máis duras da realidade.

Teresa Reboiro mencionou que lle chamou a atención a maneira en que o autor foi capaz de contar as cousas desde a perspectiva dun neno de nove anos, unha perspectiva inocente e allea á verdadeira situación na que desenrolan os feitos, feitos que neste caso teñen a particularidade de que tamén os que foron verdugos sufriron os horrores dunha situación que nunca debera ter sucedido. Digamos que probaron da súa propia medicina.

Falando de outra cousa e como non todo vai ser serio e formal, aquí vos deixo algúns enlaces que vos poden axudar a botar unhas risas.

http://www.psicoactiva.com/curios.htm

http://web.educastur.princast.es/cp/castillo/Baul.htm

http://www.lacoctelera.com/yaestaellistoquetodolosabe/post/2006/02/01/las-respuestas-mas-curiosas-y-divertidasen-examenes-la-eso-

3 comentarios

Feb 28 2008

EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS

Publicado por teresa en Libros leídos

portada del libro

El niño con el pijama de rayas é a historia de dous nenos obrigados a deixar a súa casa que se atopan e se fan amigos; un relato que non tería nada de novo senón fóra porque están en Auschwitz, un dos nenos é un prisioneiro xudeu e o outro o fillo do comandante do campo. Iso permítenos ver o Holocausto cos ollos de Bruno e presenciar como destrúe non só aos prisioneiros do campo senón tamén á familia do neno alemán. Todo iso sen tremendismos, visto desde a perspectiva dun neno de oito anos.

2 comentarios